sexta-feira, 3 de junho de 2011

HISTORIA DE ROMA

TEMA XVII
ROMA

1.-   O NACEMENTO DE ROMA. A MONARQUÍA.
            Segundo a lenda Roma foi fundada por  dous irmáns xemelgos que de nenos foran criados por unha loba.
            Na realidade Roma apareceu cando, no ano 753 a. C., se uniron sete poboados que vivían en sete outeiros situados sobre o río Tíber.
            Desde o principio Roma era gobernada por un rei elixido polas familias máis ricas da cidade. (os patricios). O rei era aconsellado polo Senado, que era unha asamblea formada polos xefes das familias ricas.
            No século VI a. C. Roma foi conquistada polo pobo etrusco que pasou a nomear os reis de Roma. Os romanos loitaron contra os reis etruscos e no ano 509 a.C. conseguiron vencelos.  Despois  Roma decidíu cambiar de sistema de goberno e estableceron a república.

2.-  A REPÚBLICA.
            Na república romana había tres institucións de goberno:
a)      OS COMICIOS: Eran asambleas dos cidadáns romanos que se reunían para votar as leis e elixir os seus magistrados.
b)      OS MAXISTRADOS: Eran os cargos de goberno, os máis importantes eran os dous cónsules que se encargaban do goberno da cidade e do exército.
c)      O SENADO: Dirixía a política exterior e controlaba ós maxistrados.

3.-  PATRICIOS E PLEBEOS.
            Durante a república Roma tiña dúas categorías de habitantes. Os patricios eran unha minoría formada polas familias máis ricas que se consideran descendentes dos fundadores de Roma. Os plebeos eran o resto da poboación.
            Nun principio na república únicamente os patricios tiñan dereitos políticos. Os plebeos enfontáronse ós patricios (chegando a producirse guerras entre eles) e remataron por conseguir a igualdade cos patricios no século IV a. C.

4.-  AS GUERRAS PÚNICAS.
            Durante a república os romanos foron conquistando a península itálica e estendéndose polo mediterráneo. Nesta expansión enfrontáronse ó pobo de Cartago que estaba situado no norte de África.
            Houbo tres guerras entre cartaxineses e romanos ó longo de máis de cen anos. Finalmente Roma derrotou a Cartago e estendeu o seu poder polas beiras do mediterráneo.

5.-  A CRISE DA REPÚBLICA.
            No século I a. C. Roma entru en crise debido á corrupción política e as loitas internas para facerse co poder.
            Para intentar solucionar a crise formaron un triunvirato formados por tres homes que gobernaban Roma. Os membros do triunvirato remataron coitando entre sí e rematou gañando a guerra o xeneral Xulio César que se impuxo como dictador, pero foi asesinado.
            Morto César formóuse outro triunvirato que tamén rematou cunha loita entre eles. Tras varias guerras impúxose Octavio que asumiu o poder e no ano 27 a. C. proclamouse emperador poñendo fin á república.

6.-  O  IMPERIO.
            Octavio recibíu o titulo de Augusto, que significaba elixido dos deuses. Octavio foi o primeiro emperador de Roma. Octavio acumulaba todos os poderes. Era xefe do senado, xefe do exército, xefe da relixión, dirixía a política interior e exterior, ditaba as leis e decidía os impostos.
            Os emperadores ocupaban o cargo toda a vida e logo elixían ós seus sucesores.
            Co imperio Roma acadou a súa máxima estensión chegando, no século II  d. C., desde as Illas Británicas ata o deserto do Sáhara e dende Hispania ata Mesopotamia.
            Ante a enorme estensión do imperio os romanos o dividiron en provincias dirixidas por un gobernador nomeado polo emperador. En todo o imperio se falaba o latín e había as mismas leis establecidas polo dereito romano.

7.-  A CRISE DO IMPERIO.
            Nos séculos III e IV o imperio entrou en crise. Houbo revoltas interiores de campesiños e militares, as cidades foron saqueadas  e os habitantes escaparon ó campo, desapareceu o comercio e os emperadores perderon o seu poder.
            A situación agravóuse moito coa entrada no imperio  dos pobos bárbaros ou xermanos que provocaron unha situación cada vez máis anarquica.
            No ano 395 d. C. o emperador Teodosio decidíu, a súa morte, dividir o imperio en dous para facilitar a súa defensa. Había o Imperio Romano de Occidente, con capital en Roma, e o Imperio Romano de Oriente, con capital en Constantinopla.

8.-  A FIN DO IMPERIO ROMANO DE OCCIDENTE.
            En occidente os emperadores foron sendo cada vez máis debiles e incapaces de frear ós xermanos. Estes pobos chegados do norte de Europa foron ocupando territorios no interior do imperio e formando os seus propios reinos.
            No ano 476 os xermanos depuxeron o derradeiro emperador romano puxeron fin o imperio de occidente.
            En oriente o imperio romano seguíu existindo durante mil anos máis e pasou a chamarse imperio bizantino.

Nenhum comentário:

Postar um comentário