sábado, 4 de junho de 2011

A CIVILIZACIÓN ROMANA

TEMA XVIII
A CIVILIZACIÓN ROMANA

1.-  A SOCIEDADE ROMANA.
            Na sociedade romana había os seguintes grupos:
a)      CIDADÁNS: Participaban na política. Podían ser propietarios. Tiñan todos os dereitos.
b)      HOMES LIBRES: Non tiñan dereitos políticos.
c)      MULLERES: Non tiñan dereitos políticos.Estaban tuteladas por algún home. Podían ter propiedades e participar nas festas e espectáculos.
d)      ESCRAVOS: Pertencían a outras persoas. Eran vendidos como mercaderías. Non tiñan dereitos, nin eran considerados persoas. Os seus amos podían golpealos e incluso matalos. Podían ser declarados libertos.

2.-  A ECONOMÍA.
            A agricultura era a actividade básica. Había grandes propietarios e pequenos agricultores que traballaban pequenas parcelas. Cultivaban principalmente trigo, vide e Oliveira.
            Había artesanía. Os artesáns traballaban en obradoiros nas cidades e vendían os seus productos en pequenas tendas.
            Traballaban minas e os principais minerais eran ouro, prata, ferro, cobre, estaño, chumbo, mercurio e sal.
            Había un activo comercio entre as distintas partes do imperio. O comercio víase favorecido pola construcción de calzadas, portos e polo uso da mesma moeda en todo imperio.

3.-  AS CIDADES.
            Eran a base do imperio. Roma era a capital do imperio e a cidade máis grande. As demáis cidades do imperio eran máis pequenas pero intentaban imitar as formas de vida e estruturas da capital.
            As cidades tiñan forma rectangular e se distribuían en torno o foro e as dúas rúas pricipais que se cruzaban perpendicularmente no foro.. O foro era unha praza central onde os veciños ían a pasear, charlar e había mercado. Arredor do foro estaban os edificios principais da cidade (curia, basílica, capitolio). Nas cidades había fontes, cloacas, termas, teatros, anfiteatros, etc.

4.-  AS CONSTRUCCIÓNS ROMANAS.
            Os romanos foron excelentes constructores. Utilizaron cemento e hormigón. Nas construccións empregaron o arco, a bóveda e a cúpula. Decoraban as paredes con pinturas e os chans con mosaicos.
            Entre os seus principais edificios destacaron:
a)      CAPITOLIO:  Era o templo principal. Había outros templos.
b)      CURIA: Era o local do goberno da cidade.
c)      BASÏLICA: Era o centro de administración de xustiza e lugar de intercambios comerciais.
d)      TEATRO: Eran para representar comedias ou traxedias.
e)      ANFITEATRO: Eran para combates de gladiadores ou espectáculos con feras.
f)        TERMAS: Eran baños públicos.
g)      CIRCO: Eran para carreiras de cuádrigas.
h)      ACUEDUCTOS: Eran para abastecer de auga as cidades.

5.-  A RELIXIÓN.
            Eran politeistas. Os deuses principais eran Xúpiter, Xuno e Minerva. Construían templos en honor ós deuses, que eran moi parecidos ós templos gregos.
            Nas súas casas os romanos tiñan un pequeño altar onde rendían culto a tres tipos de divindades:
a)      OS LARES: Eran deuses protectores do fogar.
b)      OS PENATES: Eran deuses que aseguraban o abastecemento do fogar.
c)      OS MANES: Eran os  espíritos dos antepasados.
A relixión romana era moi tolerante. Aceptaban os deuses dos paises que ían conquistando. Os sacerdotes dirixían o culto nos templos, eran moi normais os sacrificios de animais.

6.-  O CRISTIANISMO.
            No século I d.C. apareceu a relixión cristiana. Xesucristo naceu en tempos do primeiro emperador romano Augusto.
            O cristianismo non foi aceptado polos romanos e os seus seguidores foron perseguidos. Os romanos non aceptaron o cristianismo por dous motivos principais. O cristianismo dicía que só había un deus e que todos os homes eran iguais. Estas dúas ideas negaban a todos os deuses romanos e o dereito a ter escravos.
            No ano 313 d. C. o emperador Costantino concedeulle a liberdade relixiosa ós cristiáns. No ano 380 o emperador Teodosio declarou o cristianismo como a única relixión do imperio.










Nenhum comentário:

Postar um comentário