TEMA XVIII
A CIVILIZACIÓN ROMANA
1.- A SOCIEDADE ROMANA.
Na sociedade romana había os seguintes grupos:
a) CIDADÁNS: Participaban na política. Podían ser propietarios. Tiñan todos os dereitos.
b) HOMES LIBRES: Non tiñan dereitos políticos.
c) MULLERES: Non tiñan dereitos políticos.Estaban tuteladas por algún home. Podían ter propiedades e participar nas festas e espectáculos.
d) ESCRAVOS: Pertencían a outras persoas. Eran vendidos como mercaderías. Non tiñan dereitos, nin eran considerados persoas. Os seus amos podían golpealos e incluso matalos. Podían ser declarados libertos.
2.- A ECONOMÍA.
A agricultura era a actividade básica. Había grandes propietarios e pequenos agricultores que traballaban pequenas parcelas. Cultivaban principalmente trigo, vide e Oliveira.
Había artesanía. Os artesáns traballaban en obradoiros nas cidades e vendían os seus productos en pequenas tendas.
Traballaban minas e os principais minerais eran ouro, prata, ferro, cobre, estaño, chumbo, mercurio e sal.
Había un activo comercio entre as distintas partes do imperio. O comercio víase favorecido pola construcción de calzadas, portos e polo uso da mesma moeda en todo imperio.
3.- AS CIDADES.
Eran a base do imperio. Roma era a capital do imperio e a cidade máis grande. As demáis cidades do imperio eran máis pequenas pero intentaban imitar as formas de vida e estruturas da capital.
As cidades tiñan forma rectangular e se distribuían en torno o foro e as dúas rúas pricipais que se cruzaban perpendicularmente no foro.. O foro era unha praza central onde os veciños ían a pasear, charlar e había mercado. Arredor do foro estaban os edificios principais da cidade (curia, basílica, capitolio). Nas cidades había fontes, cloacas, termas, teatros, anfiteatros, etc.
4.- AS CONSTRUCCIÓNS ROMANAS.
Os romanos foron excelentes constructores. Utilizaron cemento e hormigón. Nas construccións empregaron o arco, a bóveda e a cúpula. Decoraban as paredes con pinturas e os chans con mosaicos.
Entre os seus principais edificios destacaron:
a) CAPITOLIO: Era o templo principal. Había outros templos.
b) CURIA: Era o local do goberno da cidade.
c) BASÏLICA: Era o centro de administración de xustiza e lugar de intercambios comerciais.
d) TEATRO: Eran para representar comedias ou traxedias.
e) ANFITEATRO: Eran para combates de gladiadores ou espectáculos con feras.
f) TERMAS: Eran baños públicos.
g) CIRCO: Eran para carreiras de cuádrigas.
h) ACUEDUCTOS: Eran para abastecer de auga as cidades.
5.- A RELIXIÓN.
Eran politeistas. Os deuses principais eran Xúpiter, Xuno e Minerva. Construían templos en honor ós deuses, que eran moi parecidos ós templos gregos.
Nas súas casas os romanos tiñan un pequeño altar onde rendían culto a tres tipos de divindades:
a) OS LARES: Eran deuses protectores do fogar.
b) OS PENATES: Eran deuses que aseguraban o abastecemento do fogar.
c) OS MANES: Eran os espíritos dos antepasados.
A relixión romana era moi tolerante. Aceptaban os deuses dos paises que ían conquistando. Os sacerdotes dirixían o culto nos templos, eran moi normais os sacrificios de animais.
6.- O CRISTIANISMO.
No século I d.C. apareceu a relixión cristiana. Xesucristo naceu en tempos do primeiro emperador romano Augusto.
O cristianismo non foi aceptado polos romanos e os seus seguidores foron perseguidos. Os romanos non aceptaron o cristianismo por dous motivos principais. O cristianismo dicía que só había un deus e que todos os homes eran iguais. Estas dúas ideas negaban a todos os deuses romanos e o dereito a ter escravos.
No ano 313 d. C. o emperador Costantino concedeulle a liberdade relixiosa ós cristiáns. No ano 380 o emperador Teodosio declarou o cristianismo como a única relixión do imperio.