TEMA IV
O CLIMA
1.- O CLIMA E OS SEUS ELEMENTOS.
Chamámoslle clima o tempo atmosférico que predomina nun lugar determinado.
O clima está constituido por catro elementos:
a) Temperatura.
b) Precipitacións.
c) Presión atmosférica.
d) Ventos.
2.- FACTORES DO CLIMA.
O clima dunha rexión pode ser modificado por tres factores:
a) Latitude: Ö alonxarse do ecuador baixan as temperaturas e as precipitacións.
b) Altitude: A maior altura máis frío e máis precipitacións.
c) Proximidade ó mar: O mar suaviza as temperaturas e aumenta as precipitacións.
3.- TEMPERATURA.
Ë a cantidade de calor do aire.
Mídese co termómetro.
Márcase nos mapas coas isotermas.
4.- PRECIPITACIÓNS.
É a cantidade de auga (choiva, pedraza ou neve) que cae nun lugar.
Mídese co pluviómetro.
Márcase nos mapas coas isohietas.
5.- PRESIÓN ATMOSFÉRICA.
É o que pesa o aire.
Mídese co barómetro.
Márcase nos mapas coas isobaras. As zonas de moita presión chamanse anticiclóns e as zonas con baixa presión chamanse borrascas.
6.- VENTOS.
É o aire en movemento.
A velocidade dp vento mídese co anemómetro. A dirección do vento no la sinala o viraventos.
7.- ZONAS CLIMÁTICAS E CLIMAS.
A terra ten as seguintes zonas climáticas e climas:
a) Zona cálida: Clima ecuatorial, clima tropical e clima desértico.
b) Zonas temperadas: Clima mediterráneo, clima oceánico e clima continental.
c) Zonas frias: Clima polar.
SELVA
SABANA
DESERTO DE NAMIBIA
ANTARTIDA
Nenhum comentário:
Postar um comentário