TEMA XV
GRECIA
1.- AS POLIS.
A historia de Grecia comeza no sur da península dos Balcáns e illas próximas. No seus principios Grecia estivo marcada polo seu medio físico, estaba formada por pequenos vales illados entre montañas. Debido a isto Grecia non formaba un estado senón que cada val e cada illa formaban un estado independente. Cada pequena cidade situada nun pequeño val formaba unha cidade-estado independente ou polis, cada unha co seu goberno, leis e exército propios.
Ainda que os gregos non formaban un estado si pertencían a unha mesma civilización, xa que todos falaban a mesma lingua e adoraban os mesmos deuses.
2.- ARISTOCRACIA E DEMOCRACIA.
A maioría das polis estaban gobernadas polos máis ricos ou privilegiados. Isto é a forma de goberno chamada aristocracia ou goberno dos mellores. Esparta era un polis aristocrática.
Nalgunhas polis os cidadáns reuníanse en asambleas para tomar decisións ou elixir ós seus gobernantes. Esta forma de goberno é a democracia ou goberno do pobo. Atenas era unha polis democrática.
3.- A EXPANSIÓN GREGA. AS COLONIAS.
A partir do século VIII a. C. houbo unha crise en Grecia, xa que a poboación medrou moito e as terras gregas eran moi malas para a agricultura, e a fame estendeuse. Moitos gregos emigraron e fundaron novas cidades ou colonias polas costas mediterráneas.
As colonias estaban situadas na costa para favorecer o transporte e o comercio. As colonias mantiñan os costumes, leis, e organización das polis gregas ainda que eran independentes de Grecia.
4.- AS GUERRAS MÉDICAS.
No século VI a. C. o pobo persa conquistou as colonias gregas da costa mediterránea de Asia. No ano 499 a . C. as colonias rebeláronse contra os persas e as polis gregas acudiron na súa axuda.
Houbo dúas guerras, a primeira rematou, no ano 490 a . C., coa victoria dos gregos na batalla de Maratón. A segunda guerra tamén rematou coa victoria grega na batalla de Salamina no ano 479 a . C.
5.- A GUERRA DAS POLIS OU DO PELOPONESO.
Despois da guerra contra os persas os gregos dividíronse en dous bandos, dirixidos por Atenas e Esparta, e loitaron entre sí durante 27 anos. A guerra gañouna Esparta, pero fora tan destrutiva que toda Grecia quedou arruinada e destruida.
6.- ALEXANDRE MAGNO.
Ó norte de Grecia existía o reino de Macedonia. Despois da guerra entre as polis o rei Filipo II de Macedonia decidíu aproveitar a debilidade grega para conquistar os seus territorios e dominar todas as polis. Os gregos asasinaron a Filipo e sucedeuno no trono o seu fillo Alexandre.
Alexandre pacificou Grecia e logo lanzouse á conquista do imperio persa. Conquistou os territorios da costa da Asia mediterránea, Persia, Exipto e chegou ata a India. Alexandre fundou numerosas cidades nos territorios conquistados e estendeu a cultura grega por oriente. Esta espansión da cultura grega por oriente chámase helenismo.
Alexandre morreu sen organizar o seu imperio e os seus xenerais repartíronse os territorios conquistados.
TEMA XVI
A CIVILIZACIÓN GREGA
1.- A SOCIEDADE GREGA.
A sociedade grega estaba dividida en:
a) CIDADÁNS: Participaban na política, tiñan todos os dereitos e podían ocupar os cargos de goberno. Pagaban impostos.
b) ESTRANXEIROS: Eran libres. Pagaban impostos. Podían ser comerciantes, artesáns ou soldados, pero non podían ter casas ou terras.
c) MULLERES: Podían ser libres ou escravas. Non tiñan dereitos. Non podían intervir na política, nin votar, nin asistir a espectáculos públicos. Sempre estaban sometidas á tutela dun home.
d) ESCRAVOS: Pertencían a unha familia para a que traballaban, non eran libres. Soían ser prisioneiros de guerra ou fillos de esclavos.
2.- A ECONOMÍA.
Os gregos vivían da artesania e do comercio. Elaboraban cerámica, curtían peles e facían tecidos que tinguían. Había un pequeño comercio no que os artesáns e os campesiños vendían directamente os seus productos. Tamén había poderosos comerciantes que posuían barcos e vendían e mercaban productos por todo o mediterráneo.
Os campesiños cultivaban trigo, vides e oliveiras.
3.- AS CIDADES.
As cidades gregas soían estar preto da costa para facilitar o transporte e o comercio. As rúas das cidades eran estreitas e tortuosas. As cidades tiñan dous lugares principais:
a) ÁGORA: Eran unha praza pública. Servía como lugar de reunión, paseo ou mercado.
b) ACRÓPOLE: Era un recinto amurallado situado nun outeiro sobre a cidade.. Servía para defenderse e caso de guerra. Na acrópole estaban os edificios máis importantes e os templos.
4.- A RELIXIÓN GREGA.
Os gregos eran politeístas, é decir crían en moitos deuses. Cada polis tiña un divindade principal. Para os gregos os deuses tiñan aspecto humano, comían, acábanse e pelexábanse como os humanos, pero eran inmortais. Tamén crían que os deuses podían ter fillos cos humanos, eran os heroes (eran poderosos pero mortais)-
Os deuses principais vivían sobre o monte Olimpo e Zeus era o deus principal.
Todo o que ten que ver cos deuses gregos e as súas historias chámase mitoloxía.
En honor ós deuses os gregos construían templos. Os templos eran as casas dos deuses na terra e os sacerdotes e sacerdotisas eran os seus serventes.
Para agradar ós deuse os gregos celebraban cada catro anos os xogos olímpicos.
5.- OS TEMPLOS.
Estaban feitos de mármore e pintábanse de cores. Eran rectangulares e de tamaño normal.
Dividíanse en tres partes. O Pronaos era a entrada. O Naos ou cella era a sala principal. O Opistodomus era onde se gardaban as ofrendas feitas ós deuses. Os teitos sempre eran rectos con tellado a dúas augas.
Os templos gregos clasificámolos polo tipo de columnas que usaban e eran dóricos, xónicos e corintios.
6.- A ESCULTURA.
A maioría das estatuas gregas tiñan unha función relixiosa porque representaban ós deuses. As estatuas soían estar nos templos ou nas tumbas.
Os escultores gregos querían representar a beleza idealizada do corpo humano. As proporcións dos corpos eran perfectas. Os escultores coñecían perfectamente o corpo humano para poder facer esculturas perfectas.
Os materiais máis utilizados eran o bronce e o mármore
Nenhum comentário:
Postar um comentário