TEMA XIV EXIPTO
1.- AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS.
As primeiras civilizacións da historia desenvolveronse en Mesopotamia, Exipto, China e a India hai 5.000 anos.
As primeiras civilizacións reciben o nome de civilizacións fluviais porque se desenvolveron a beira de grandes ríos: o Tigris e o Eufrates, o Nilo, o Amarelo e o Indo respectivamente.
As beiras deses ríos estaban ocupadas por terras moi fértiles e fáciles de regar, o que provocou un gran desenvolvemento da agricultura. A poboación aumentou e as aldeas converteronse en grandes cidades dando lugar a aparición das primeiras civilizacións.
2.- EXIPTO E O NILO.
No ano 3.100 a .C. o rei Menes unificou baixo o seu mando tódalas terras arredor do Nilo. Foi o inicio do antigo Exipto.
Os exipcios vivían arredor do Nilo porque ahí estaban as únicas terras fértiles da zona. No verán o Nilo desbordaba e inundaba os campos impregnando a terra dunha lama que facía de abono.
O Nilo servíalle ademáis os exipcios como medio de comunicación. O longo do Nilo viaxaban en barcos de vela transportando persoas e mercadorías.
3.- O FARAÓN.
O rei de Exipto recibía o título de faraón. O faraón concentraba na súa persoa tódolos poderes: dictaba leis, gobernaba o pais, era o propietario de gran parte das terras do pais, controlaba o exército e o comercio, e era xefe relixioso e deus.
Os exipcios pensaban que o faraón era un deus e ninguén podía miralo á cara ou tocarlle. Crían que tiña poderes máxicos para evitar que o pais sufrise pragas ou enfermidades, e para facer que a crecida do Nilo fose a apropiada para abonala terra.
4.- A SOCIEDADE EXIPCIA
Ó frente da sociedade exipicia estaba o faraón e logo había as seguintes categorías:
· Os nobres e os sacerdotes: Os nobres ocupaba os cargos e os sacerdotes controlaban a relixión. Posuían moitas terras e tesouros.
· Os escribas: Eran os que sabían ler, escribir e contar. Levaban o control dos documentos oficiais, dos impostos e das mercadorías. Tiñan un gran prestixio e soldo.
· Os campesiños: O 90% dos exipcios eran campesiños. Cultivaban as terras do faraón, dos templos e dos nobres. Apenas tiñan para vivir, Mentres o Nilo estaba desbordado eran utilizados para construir templos , palacios e pirámides.
· Os escravos; Eran persoas que non tiñan dereitos. Soían ser prisioneiros de guerra. A maioría pertencían ó faraón que os empregaba para construir as pirámides, traballar nas minas ou para ser soldados.
5.- A RELIXIÓN.
Os exipcios eran politeistas, e decir, crían en moitos deuses. O deus principal era o sol. Adoraban algúns animais, á terra e ó Nilo.
Cada deus tiña o seu propio templo e sacerdotes. Os templos eran enormes construccións de pedra.
Os exipcios crían que despois da morte había outra vida e momificaban os mortos para que tiveran corpo na outra vida. A momia era enterrada con un tesouro que consistía en todo aquelo que puidara necesitar o morto na outra vida: alimentos, mobles, roupa, ...
Os primeiros faraóns enterraronse en enormes pirámides de pedra. Máis tarde construironse os hipoxeos que eran tumbas excavadas no interior das montañas. En xeral as tumbas decorabanse con escenas da vida cotiá e con escenas sobre os deuses egipcios.
Nenhum comentário:
Postar um comentário