quarta-feira, 13 de abril de 2011

O CLIMA

TEMA  IV

O CLIMA

1.-  O CLIMA E OS SEUS ELEMENTOS.
            Chamámoslle clima o tempo atmosférico que predomina nun lugar determinado.
O clima está constituido por catro elementos:
a)      Temperatura.
b)      Precipitacións.
c)      Presión atmosférica.
d)      Ventos.

2.-  FACTORES DO CLIMA.
            O clima dunha rexión pode ser modificado por tres factores:
a)      Latitude: Ö alonxarse do ecuador baixan as temperaturas e as precipitacións.
b)      Altitude: A maior altura máis frío e máis precipitacións.
c)      Proximidade ó mar: O mar suaviza as temperaturas e aumenta as precipitacións.

3.-  TEMPERATURA.
            Ë a cantidade de calor do aire.
Mídese co termómetro.
Márcase nos mapas coas isotermas.

4.-  PRECIPITACIÓNS.
            É a cantidade de auga (choiva, pedraza ou neve) que cae nun lugar.
            Mídese co pluviómetro.
            Márcase nos mapas coas isohietas.

5.-  PRESIÓN ATMOSFÉRICA.
            É o que pesa o aire.
            Mídese co barómetro.
            Márcase nos mapas coas isobaras. As zonas de moita presión chamanse anticiclóns e as zonas con baixa presión chamanse borrascas.

6.-  VENTOS.
            É o aire en movemento.
            A velocidade dp vento mídese co anemómetro.  A dirección do vento no la sinala o viraventos.

7.-  ZONAS CLIMÁTICAS E CLIMAS.
            A terra ten as seguintes zonas climáticas e climas:
a)      Zona cálida: Clima ecuatorial, clima tropical e clima desértico.
b)      Zonas temperadas: Clima mediterráneo, clima oceánico e clima continental.
c)      Zonas frias: Clima polar.

                                                               SELVA

                                                               SABANA


DESERTO DE NAMIBIA


ANTARTIDA




AS AUGAS DO PLANETA


TEMA III
AS AUGAS
.I.-  A AUGA NA NATUREZA.
            A auga cobre o 71% da terra. As augas podense agrupar en dous grandes grupos:
a)      Augas mariñas: Son os mares e os océanos e ocupan algo máis do 97% do total das augas do planeta.. Son salgadas.
b)      Augas continentais: Son os ríos, lagos, xeos e augas subterráneas. Representan algo menos do 3% da auga total do planeta. Son augas doces.
A auga está continuamente en circulación completando o ciclo da auga.

2.-  OS RIOS.
            Un rio é unha corrente permanente de auga. O lugar onde aparece o rio chámase nacemento ou cabeceira. O camiño que recorre o rio chámase leito ou curso. O lugar onde remata un rio e a desembocadura.
A orixe dun rio esta na auga da chuvia, no desxeo das montañas  e nas augas subterráneas que saen á superficie. O territorio que ocupa un rio e os seus afluentes chámase conca hidrográfica.
O caudal dun rio  é a cantidade de auga que leva. Se o caudal dun rio é máis ou menos  igual todo o ano dise que tan caudal regular, se varía moito dise que ten caudal irregular.

3.-  AS AUGAS MARIÑAS.
            Son os oceanos e mares. Son augas salgadas e a súa salinidade é variable , varía sobre todo coa temperatura.
            As augas mariñas están en movemento  e así temos:
a)      Mareas: Son as subidas e baixadas diarias do nivel do mar provocadas pola atracción do sol  e da lúa.
b)      Ondas: Son as ondulacións da superficie do mar producidas polo vento.
c)      Correntes mariñas: Son como rios dentro do mar. Haicorrentes mariñas frias e cálidas. As correntes mariñas poden influir no clima das costas próximas.

4.-  OS LAGOS
            Un lago é unha masa de auga que ocupa unha zona de terreo afundida. Os lagos formanse cando unha zona deprimida vai recollendo as augas das chuvias. Os lagos tamén se forman por recibir auga dun rio ou augas subterráneas  que non teñen saida ó mar. Os glaciares tamén poden formar lagos.

5.-  AS AUGAS SUBTERRÁNEAS.
            As augas subterráneas son as que circulan ou se embolsan baixo terra. As augas subterráneas fórmanse sobre todo pola filtración das augas da chuvia. As augas subterráneas forman auténticos riós e lagos  subterráneos. Cando atopan saida o exterior poden formar unha fonte ou rio.

6.-  O XEO
            A maior parte da auga doce da terra está en forma de xeo nas zonas polares. Estes xeos reciben o nome de glaciares. Tamén se chaman así cando o xeo se acumulan no cume das montañas. Os glaciares móvense, pero con gran lentitude.

                                                                          OCÉANOS


OS GLACIARES MOVENSE

terça-feira, 12 de abril de 2011

O RELEVO TERRESTRE

TEMA II

O RELEVO TERRESTRE

            1.-  A ESTRUTURA DA TERRA.
            No interior da terra distinguimos tres grandes capas concéntricas:
l      A CODIA: é a capa máis externa. Nós vivimos sobre a codia.
l      O MANTO: é a capa intermedia. Parte dos materiais están fundidos e forman o magma.
l      O NUCLEO: é a capa máis profunda da terra. Está a temperaturas moi altas.

            2.-  AS PLACAS TECTÓNICAS.
            A maior parte da codia terrestre está somerxida e cuberta polos cinco océanos: Pacífico, Atlántico, Indico, Ártico e Antártico. Ocupan o 71% da superficie terrestre.
            Na codia por riba dos océanos están as terras emerxidas, que son os continentes e illas. Os continentes son: Asia, América, Africa, Europa, Oceanía e a Antártida.
            A codia terrestre está partida e forma unha serie de pezas chamadas placas tectónicas. As placas terrestres están en continuo movemento, ainda que nos non o notemos, movense uns cm ó ano.

            3.-  AS FORMAS DO RELEVO TERRESTRE.
            Os continentes presentan o seguinte relevo:
l      MONTAÑAS: Son terreos de gran pendente e moi elevados. Poden ser cadeas, serras, sistemas montañosos, cordilleiras, etc.
l      VALES: Son os terreos situados entre montañas, por eles baixan os rios.
l      CHAIRAS: Son zonas chás situadas a pouca altura.
l      MESETAS: Son chairas situadas a moita altura.
l      DEPRESIÓNS: Son zonas máis baixas que os terreos que as rodean.
4.-  O RELEVO COSTEIRO.
            A costa ou litoral, que é a zona de contacto entre a terra e o mar. A costa pode ser baixa e presenta praias ou alta e ten acantilados. A costa presenta estas formas:
a)      PENÍNSULA: Terra rodeada de auga por todas partes menos polo istmo que o une ó continente.
b)      CABO:  É unha zona que penetra no mar. Tamén se lle chama punta.
c)      GOLFO: Ë a entrada de mar nunha zona da costa.. Se é pequeno se pode chamar baía, ensenada ou cala.
d)      ILLA: Porción de terra rodeada de auga por todas partes. O conxunto de illas é un arquipélago.

5.-  O RELEVO SUBMARINO.
O relevo submarino presenta as seguintes formas:
a)      PLATAFORMA CONTINENTAL: Está xunto a costa, é unha chaira dunha profundidade ata 200 m.
b)      NOIRO CONTINENTAL: É unha forte pendente que baixa da plataforma continental ata o fondo marino.
c)      CHAIRA ABISAL: É a inmensa chaira dos fondos mariños. Ten entre 3 e 7000 m. de profundidade.
d)      DORSAL OCEÄNICA:  É unha cordilleira submarina.
e)      FOSA MARIÑA: Son como pozos  na fondo do océano.

quinta-feira, 7 de abril de 2011

GRECIA

TEMA XV
 GRECIA
1.-  AS POLIS.
            A historia de Grecia comeza no sur da península dos Balcáns e illas próximas.  No seus principios Grecia estivo marcada polo seu medio físico, estaba formada por pequenos vales illados entre montañas. Debido a isto Grecia non formaba un estado senón que cada val e cada illa formaban un estado independente. Cada pequena cidade situada nun pequeño val formaba unha cidade-estado independente ou polis, cada unha co seu  goberno, leis e exército propios.
            Ainda que os gregos non formaban un estado si pertencían a unha mesma civilización, xa que todos falaban a mesma lingua e adoraban os mesmos deuses.
2.-  ARISTOCRACIA E DEMOCRACIA.
            A maioría das polis estaban gobernadas polos máis ricos ou privilegiados. Isto é a forma de goberno chamada aristocracia ou goberno dos mellores. Esparta era un polis aristocrática.
            Nalgunhas polis os cidadáns reuníanse en asambleas para tomar decisións ou elixir ós seus gobernantes. Esta forma de goberno é a democracia ou goberno do pobo. Atenas era unha polis democrática.
3.-  A EXPANSIÓN GREGA. AS COLONIAS.
            A partir do século VIII a. C. houbo unha crise en Grecia, xa que a poboación medrou moito e as terras gregas eran moi malas para a agricultura, e a fame estendeuse. Moitos gregos emigraron e fundaron novas cidades ou colonias polas costas mediterráneas.
            As colonias estaban situadas na costa para favorecer o transporte e o comercio. As colonias mantiñan os costumes, leis, e organización das polis gregas ainda que eran independentes de Grecia.
4.-  AS GUERRAS MÉDICAS.
            No século VI a. C. o pobo persa conquistou as colonias gregas da costa mediterránea de Asia. No ano 499 a. C. as colonias rebeláronse contra os persas e as polis gregas acudiron na súa axuda.
            Houbo dúas guerras, a primeira rematou, no ano 490 a. C.,  coa victoria dos gregos na batalla de Maratón. A segunda guerra tamén rematou coa victoria grega na batalla de Salamina no ano 479 a. C.
5.-  A GUERRA DAS POLIS OU DO PELOPONESO.
            Despois da guerra contra os persas os gregos dividíronse en dous bandos, dirixidos por Atenas e Esparta, e loitaron entre sí durante 27 anos. A guerra gañouna Esparta, pero fora tan destrutiva que toda Grecia quedou arruinada e destruida.
6.-  ALEXANDRE MAGNO.
            Ó norte de Grecia existía o reino de Macedonia. Despois da guerra entre as polis o rei Filipo II de Macedonia decidíu aproveitar a debilidade grega para conquistar  os seus territorios e dominar  todas as polis. Os gregos asasinaron a Filipo e sucedeuno no trono o seu fillo Alexandre.
            Alexandre pacificou Grecia e logo lanzouse á conquista do imperio persa. Conquistou os territorios da costa da Asia mediterránea, Persia, Exipto e chegou ata a India. Alexandre fundou numerosas cidades nos territorios conquistados e estendeu a cultura grega por oriente. Esta espansión da cultura grega por oriente chámase helenismo.
            Alexandre morreu sen organizar o seu imperio  e os seus xenerais repartíronse os territorios conquistados.

TEMA XVI
A CIVILIZACIÓN GREGA
1.-  A SOCIEDADE GREGA.
            A sociedade grega estaba dividida en:
a)      CIDADÁNS: Participaban na política, tiñan todos os dereitos e podían ocupar os cargos de goberno. Pagaban impostos.
b)      ESTRANXEIROS: Eran libres. Pagaban impostos. Podían ser comerciantes, artesáns ou soldados, pero non podían ter casas ou terras.
c)      MULLERES: Podían ser libres ou escravas. Non tiñan dereitos. Non podían intervir na política, nin votar, nin asistir a espectáculos públicos. Sempre estaban sometidas á tutela dun home.
d)      ESCRAVOS: Pertencían a unha familia para a que traballaban, non eran libres. Soían ser prisioneiros de guerra ou fillos de esclavos.
2.-  A ECONOMÍA.
            Os gregos vivían da artesania e do comercio. Elaboraban cerámica, curtían peles e facían tecidos que tinguían. Había un pequeño comercio no que os artesáns e os campesiños vendían directamente os seus productos. Tamén había poderosos comerciantes que posuían barcos e vendían e mercaban productos por todo o mediterráneo.
            Os campesiños cultivaban trigo, vides e oliveiras.
3.-  AS CIDADES.
            As cidades gregas soían estar preto da costa para facilitar o transporte e o comercio. As rúas das cidades eran estreitas e tortuosas.  As cidades tiñan dous lugares principais:
a)      ÁGORA: Eran unha praza pública. Servía como lugar de reunión, paseo ou mercado.
b)      ACRÓPOLE: Era un recinto amurallado situado nun outeiro sobre a cidade.. Servía para defenderse e caso de guerra. Na acrópole estaban os edificios máis importantes e os templos.
4.-  A RELIXIÓN GREGA.
            Os gregos eran politeístas, é decir crían en moitos deuses. Cada polis tiña un divindade principal. Para os gregos os deuses tiñan aspecto humano, comían, acábanse e pelexábanse como os humanos, pero eran inmortais. Tamén crían que os deuses podían ter fillos cos humanos, eran os heroes (eran poderosos pero mortais)-
            Os deuses principais vivían sobre o monte Olimpo e Zeus era o deus principal.
            Todo o que ten que ver cos deuses gregos e as súas historias chámase mitoloxía.
            En honor ós deuses os gregos construían templos. Os templos eran as casas dos deuses na terra e os sacerdotes e sacerdotisas eran os seus serventes.
            Para agradar ós deuse os gregos celebraban cada catro anos os xogos olímpicos.
5.-  OS TEMPLOS.
            Estaban feitos de mármore e pintábanse de cores. Eran rectangulares e de tamaño normal.
            Dividíanse en tres partes. O Pronaos era a entrada. O Naos ou cella era a sala principal. O Opistodomus era onde se gardaban as ofrendas feitas ós deuses. Os teitos sempre eran rectos con tellado a dúas augas.
            Os templos gregos clasificámolos polo tipo de columnas que usaban e eran dóricos, xónicos e corintios.
6.-  A ESCULTURA.
            A maioría das estatuas gregas tiñan unha función relixiosa porque representaban ós deuses. As estatuas soían estar nos templos ou nas tumbas.
            Os escultores gregos querían representar a beleza idealizada do corpo humano. As proporcións dos corpos eran perfectas. Os escultores coñecían perfectamente o corpo humano para poder facer esculturas perfectas.
            Os materiais máis utilizados eran o bronce e o mármore

EXIPTO

TEMA XIV EXIPTO

1.-  AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS.
As primeiras civilizacións da historia desenvolveronse en Mesopotamia, Exipto, China e a India hai 5.000 anos.
As primeiras civilizacións reciben o nome de civilizacións fluviais porque se desenvolveron a beira de grandes ríos: o Tigris e o Eufrates, o Nilo, o Amarelo e o Indo respectivamente.
As beiras deses ríos estaban ocupadas por terras moi fértiles e fáciles de regar, o que provocou un gran desenvolvemento da agricultura. A poboación aumentou e as aldeas converteronse en grandes cidades dando lugar a aparición das primeiras civilizacións.
2.-  EXIPTO E O NILO.
No ano 3.100 a.C. o rei Menes unificou baixo o seu mando tódalas terras arredor do Nilo. Foi o inicio do antigo Exipto.
Os exipcios vivían arredor do Nilo porque ahí estaban as únicas terras fértiles da zona.  No verán o Nilo desbordaba e inundaba os campos impregnando a terra dunha lama que facía de abono.
O Nilo servíalle ademáis os exipcios como medio de comunicación. O longo do Nilo viaxaban en barcos de vela transportando persoas e mercadorías.
3.-  O FARAÓN.
O rei de Exipto recibía o título de faraón.  O faraón concentraba na súa persoa tódolos poderes: dictaba leis, gobernaba o pais, era o propietario de gran parte das terras do pais, controlaba o exército e o comercio, e era  xefe relixioso e deus.
Os exipcios pensaban que o faraón era un deus e ninguén podía miralo á cara ou tocarlle. Crían que tiña poderes máxicos para evitar que o pais sufrise pragas ou enfermidades, e para facer que a crecida do Nilo fose a apropiada para abonala terra.
4.-  A SOCIEDADE EXIPCIA
Ó frente da sociedade exipicia estaba o faraón e logo había as seguintes categorías:
·         Os nobres e os sacerdotes: Os nobres ocupaba os cargos e os sacerdotes controlaban a relixión. Posuían moitas terras e tesouros.
·         Os escribas: Eran os que sabían ler, escribir e contar. Levaban o control dos documentos oficiais, dos impostos e das mercadorías. Tiñan un gran prestixio e soldo.
·         Os campesiños:  O 90% dos exipcios eran campesiños. Cultivaban as terras do faraón, dos templos e dos nobres. Apenas tiñan para vivir,  Mentres o Nilo estaba desbordado eran utilizados para construir templos , palacios e pirámides.
·         Os escravos;  Eran persoas que non tiñan dereitos. Soían ser prisioneiros de guerra. A maioría pertencían ó faraón que os empregaba para construir as pirámides, traballar nas minas ou para ser soldados.
5.-  A RELIXIÓN.
Os exipcios eran politeistas, e decir, crían en moitos deuses. O deus principal era o sol. Adoraban algúns animais, á terra  e ó Nilo.
         Cada deus tiña o seu propio templo e sacerdotes. Os templos eran enormes construccións de pedra.
         Os exipcios crían que despois da morte había outra vida e momificaban os mortos para que tiveran corpo na outra vida.         A momia era enterrada con un tesouro que consistía en todo aquelo que puidara necesitar o morto na outra vida: alimentos, mobles, roupa, ...
       Os primeiros faraóns enterraronse en enormes pirámides  de pedra. Máis tarde construironse os hipoxeos que eran tumbas excavadas no interior das montañas.  En xeral as tumbas decorabanse con escenas da vida cotiá e con escenas sobre os deuses egipcios.

quarta-feira, 6 de abril de 2011

AULA SOCIAIS

Sistema Solar

TEMA I
A REPRESENTACIÓN DA TERRA

            I O GLOBO TERRÁQUEO.
            A terra ten forma esférica pero está lixeiramente achatada polos polos. A esta forma chámaselle xeoide.
            O globo terráqueo é a forma máis precisa de representar a Terra, xa que así non distorsionamos as formas do relevo, os océanos nin as distanzas.
            Na vida cotiá non se utiliza o globo terráqueo senón os mapas porque é máis cómodo e fácil.

            II OS MAPAS.
            Os mapas son representacións planas da terra. Como a terra non é plana os mapas distorsionan as formas e distancias da terra.
            Os xeógrafos distinguen tres tipos de mapas:
l        FÍSICOS: Representan o relevo e as augas dun territorio.
l        POLÍTICOS: Sinalan as divisións administrativas dos territorios (estados, provincias, concellos, pobos, etc.)
l        TEMÁTICOS: Proporcionan información dalgún aspecto concreto dunha zona determinada. (Climática, vexetación, demográfica, agrícola, histórica, etc).

            III ELEMENTOS DOS MAPAS.
            O mapa consta de distintos elementos que nos aportan información sobre o contido do mapa.
            Elementos do mapa son o título, a escala e a lenda.
            O título  indica o que representa o mapa.          
            A escala nos indica as veces que se reducíu o territorio que se representa.
            A lenda son os símbolos utilizados para representar os datos do mapa.

            IV  OS PUNTOS CARDINAIS.
            Os puntos cardinais son norte, sur, leste e oeste e represéntanse por N, S, L, e O. (Internacionalmente N, S, E e W).
            Nos puntos cardinais establecemos direccións intermedias como Noroeste (NO), Surleste (SL), Norleste (NL), Suroeste (SO).
            Os puntos cardinais serven para saber en que dirección queda algún lugar pero de forma xeral.
            Os puntos cardinais serven para orientarnos. Se tes pós cara ó norte, a túa espalda sinala o sur, a túa man dereita corresponde ó leste e a túa man esquerda sería o oeste.

            V  PARALELOS E MERIDANOS.
            Para poder localizar calquera punto da terra os homes inventamos unha serie de liñas imaxinarias chamadas paralelos e meridianos.
            Os meridianos son uns semicirculos que unen os polos de norte a sur. O meridiano principal é o 0 ou de Greenwich. Todos os meridianos son iguais.
            Os paralelos son circulos imaxinarios, perpendiculares ós meridianos . O paralelo principal é o ecuador. O ecuador divide a terra en dous hemisferios, hemisferio norte e hemisferio sur. Os paralelos son máis pequenos canto máis nos separamos do ecuador e máis nos acercamos ós polos.

            VI LATITUDE E LONXITUDE.
            Latitude e lonxitude forman as coordenadas xeográficas e serven para localizar calquera punto da Terra.
            A latitude é a distancia de calquera punto da terra ó ecuador, pode ser norte ou sur.
            A lonxitude é a distancia de calquera punto ó meridiano 0º, pode ser leste ou oeste.
            VII  A ESCALA.
            Os mapas representan a realidade de forma reducida. a escala indícanos a proporción existente entre a dimensión dun territorio na realidade e a dimensión que ocupa no mapa.
            Nos mapas a escala representase de dúas formas:
l        NUMERICA: represéntase mediante unha fracción. O numerador sería unha unidade no mapa e o denominador a correspondencia na realidade.
l        GRÁFICA:  represéntase por unha recta de dúas cores, cada segmento nos da o tamaño na realidade.