segunda-feira, 7 de março de 2011

PREHISTORIA

TEMA XI
PALEOLÍTICO
A HISTORIA

I  ETAPAS DA HISTORIA.
            A historia conta o que lle sucedeu ó home dende que exite n aterra e divídese nas seguintes etapas:
  • Prehistoria: É o que lle sucedeu ó home ata que inventa a escritura.
  • Idade antiga: É o que lle sucedeu ó home ata que desaparece o Imperio Romano.
  • Idade Media: E o que lle sucedeu ó home ata que Colón descubríu América.
  • Idade Moderna: É o que lle sucedeu ó home ata que se produxo a Revolución Francesa.
  • Idade Contemporánea: É o que lle sucedeu ó home ata hoxe en día.


A  PREHISTORIA


I   A  PREHISTORIA
            A prehistoria é o período de tempo que vai desde que o home aparece na terra ata que aparece a escritura.


II  FORMA DE ESTUDIAR A PREHISTORIA
            A  prehistoria estudiase por medio dos restos que se atopan, como fósiles, armas, utensilios e manifestacións artísticas.


III PARTES DA PREHISTORIA
            Segundo os materiais utilizados polo home dividimos a prehistoria do seguinte xeito:

                                                                                                          Inferior
                                                           Paleolítico (pedra tallada)        Medio
                        Idade da pedra                                                           Superior
                                                           Neolítico (pedra pulida)

Prehistoria      

                                                           Cobre
                        Idade dos metais         Bronce
                                                           Ferro








IV  O PALEOLÍTICO
            Abrangue desde que aparece o home ata que aprende a producir os seus alimentos.
            Os homes paleolíticos eran nómades (ían dun lado a outro sen vivir nun sitio fixo). Vivían en pequenos grupos chamados bandas ou tribos.
Dedicabanse á caza, á pesca e a recoller froitos silvestres.  Acampaban cerca dos ríos.
            Nun principio viviron ó aire libre e logo pasaron a vivir en covas para protexerse do frío e dos animais.  Descubríu enseguida o lume, pero tardou en saber utilizalo.
            Os seus utensilios eran de pedra tallada a golpes, de madeira e de oso. Os seus principais utensilios foron coitelos, bifaces, puntas de frecha, agullas, arpóns, etc.

V  O ARTE PALEOLÍTICO
            No paleolítico superior o home comenzou a facer obxectos de arte, Así apareceron as pinturas rupestres que estaban feitas sobre as rochas das paredes e teitos das covas.
            Crese que o arte prehistórico tiña un sentido máxico-relixioso.  O home intentaba que as forzas sobrenaturais lle fosen propicias, axudándolle na caza, protexendo a vida dos nenos, facendo nacer máis nenos, etc.

            En España hai dúas zonas de pinturas rupestres:
à      Zona cantábrica: Debuxaban animais reais, con moitas cores e de gran tamaño. Destacan as pinturas das covas de Altamira e El Castillo.
à      Zona levantina:  Debuxaban escenas de homes cazando, pero con debuxos esquemáticos, dunha sóa cor e de pequeno tamaño. Destacan as pinturas de Alpera e Cogull.
En escultura deixaronos as “venus” que eran unhas estatuillas de muller para propiciar a fertilidade.

VI  O NEOLÍTICO
            Esta época foi para o home unha verdadeira revolución, xa que cambiou por completo o seu modo de vida.
            O home comenzou a domesticar animais e asi naceu a gandería. Os primeiros animais domesticados foron cabras, ovellas, vacas, cabalos e o can.
            O home descubríu o poder da semente e naceu a agricultura. As primeiras colleitas foron de trigo, millo e arroz.
            Debido á agricultura o home fixose sedentario e construíu pequenos poboados que soían estar preto dos ríos. Nos poboados había unha repartición do traballo, uns cultivaban, outros coidaban do gando, outros facían vestimentas, utensilios, armas, etc.
            No neolítico o home inventou o comercio ó intercambiar productos con outras tribos.
            Os utensilios eran de pedra pulida, e ademáis dos instrumentos que facía no paleolítico agora facía aixadas, fouciños, muiños de man, cerámica, etc. As vestimentas as facían con lá e pel dos animais. A cerámica a modelaban a man e a cocían en fogueiras. Facían vasillas para o gran e os líquidos, pratos e tazas. As veces a cerámica a decoraban con incisións ou pinturas.

VII  OS MONUMENTOS MEGALÍTICOS.
            Hacía o remate do neolítico o home comenzóu a facer monumentos con grandes pedras chamados megalitos. Os principais megalitos foron:
a)      Menhir: Eran enormes pedras postas verticalmente no chan.
b)      Dolmen: Eran grandes pedras postas verticalmente e formando dous muros que logo se cubrían con outras lousas de gran tamaño. Eran sepulturas.
c)      Cromlech: Eran varios menhires colocados en forma circular.


O home leva na terra sobre 5 millóns de anos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário