TEMA XI
PALEOLÍTICO
A HISTORIA
I ETAPAS DA HISTORIA.
A historia conta o que lle sucedeu ó home dende que exite n aterra e divídese nas seguintes etapas:
- Prehistoria: É o que lle sucedeu ó home ata que inventa a escritura.
- Idade antiga: É o que lle sucedeu ó home ata que desaparece o Imperio Romano.
- Idade Media: E o que lle sucedeu ó home ata que Colón descubríu América.
- Idade Moderna: É o que lle sucedeu ó home ata que se produxo a Revolución Francesa.
- Idade Contemporánea: É o que lle sucedeu ó home ata hoxe en día.
A PREHISTORIA
I A PREHISTORIA
A prehistoria é o período de tempo que vai desde que o home aparece na terra ata que aparece a escritura.
II FORMA DE ESTUDIAR A PREHISTORIA
A prehistoria estudiase por medio dos restos que se atopan, como fósiles, armas, utensilios e manifestacións artísticas.
III PARTES DA PREHISTORIA
Segundo os materiais utilizados polo home dividimos a prehistoria do seguinte xeito:
Inferior
Paleolítico (pedra tallada) Medio
Idade da pedra Superior
Neolítico (pedra pulida)
Prehistoria
Cobre
Idade dos metais Bronce
Ferro
IV O PALEOLÍTICO
Abrangue desde que aparece o home ata que aprende a producir os seus alimentos.
Os homes paleolíticos eran nómades (ían dun lado a outro sen vivir nun sitio fixo). Vivían en pequenos grupos chamados bandas ou tribos.
Dedicabanse á caza, á pesca e a recoller froitos silvestres. Acampaban cerca dos ríos.
Nun principio viviron ó aire libre e logo pasaron a vivir en covas para protexerse do frío e dos animais. Descubríu enseguida o lume, pero tardou en saber utilizalo.
Os seus utensilios eran de pedra tallada a golpes, de madeira e de oso. Os seus principais utensilios foron coitelos, bifaces, puntas de frecha, agullas, arpóns, etc.
V O ARTE PALEOLÍTICO
No paleolítico superior o home comenzou a facer obxectos de arte, Así apareceron as pinturas rupestres que estaban feitas sobre as rochas das paredes e teitos das covas.
Crese que o arte prehistórico tiña un sentido máxico-relixioso. O home intentaba que as forzas sobrenaturais lle fosen propicias, axudándolle na caza, protexendo a vida dos nenos, facendo nacer máis nenos, etc.
En España hai dúas zonas de pinturas rupestres:
à Zona cantábrica: Debuxaban animais reais, con moitas cores e de gran tamaño. Destacan as pinturas das covas de Altamira e El Castillo.
à Zona levantina: Debuxaban escenas de homes cazando, pero con debuxos esquemáticos, dunha sóa cor e de pequeno tamaño. Destacan as pinturas de Alpera e Cogull.
En escultura deixaronos as “venus” que eran unhas estatuillas de muller para propiciar a fertilidade.
VI O NEOLÍTICO
Esta época foi para o home unha verdadeira revolución, xa que cambiou por completo o seu modo de vida.
O home comenzou a domesticar animais e asi naceu a gandería. Os primeiros animais domesticados foron cabras, ovellas, vacas, cabalos e o can.
O home descubríu o poder da semente e naceu a agricultura. As primeiras colleitas foron de trigo, millo e arroz.
Debido á agricultura o home fixose sedentario e construíu pequenos poboados que soían estar preto dos ríos. Nos poboados había unha repartición do traballo, uns cultivaban, outros coidaban do gando, outros facían vestimentas, utensilios, armas, etc.
No neolítico o home inventou o comercio ó intercambiar productos con outras tribos.
Os utensilios eran de pedra pulida, e ademáis dos instrumentos que facía no paleolítico agora facía aixadas, fouciños, muiños de man, cerámica, etc. As vestimentas as facían con lá e pel dos animais. A cerámica a modelaban a man e a cocían en fogueiras. Facían vasillas para o gran e os líquidos, pratos e tazas. As veces a cerámica a decoraban con incisións ou pinturas.
VII OS MONUMENTOS MEGALÍTICOS.
Hacía o remate do neolítico o home comenzóu a facer monumentos con grandes pedras chamados megalitos. Os principais megalitos foron:
a) Menhir: Eran enormes pedras postas verticalmente no chan.
b) Dolmen: Eran grandes pedras postas verticalmente e formando dous muros que logo se cubrían con outras lousas de gran tamaño. Eran sepulturas.
c) Cromlech: Eran varios menhires colocados en forma circular.